A festa de aniversario - Fonte da Virxe

A festa de aniversario - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

A festa de aniversario

 
 
 



 
 


Chegou o día da celebración, todos e todas espectantes esperaban ver o resultado do Banco dos 25 anos. Detrás del horas de esforzo e ilusión.

E no momento de mostrar a obra cuberta por unha tea, os rostros das persoas que acudiron a inaguración falaban por si sós, sorpresa e emoción. A resposta unha chea de felicitacións, recollidas con moito agarimo.
Unha obra colectiva, en cada peza un traballo persoal pero partindo do conxunto e para a comunidade. Permanecerá asentado no lugar que deu nome a Asociación, formando parte dunha historia e nunha contorna máxica.

   


De seguido esperaba un xantar, no que hai que destacar o marbilloso equipo de catering da pulperia de Juan Guerra, que trouxeron todo o polbo que había no mar e servironolo "no seu punto", ata que non puidemos máis!
Durante o mesmo ademáis de fartarnos, tivemos a oportunidade de conversar, de coñecer e compartir.

Entre prato e prato soprendíannos aínda algunhas visitas que non puideron estar na hora da inauguración e que tamén se sorprenderon e nos felicitaron polo resultado da nosa pequena gran obra.

   


A nota musical da man de Natalia, que animou a festa co seu bo facer habitual. Con agarimo compartíu micrófono con algunha persoa que nos quixo deleitar cunha canción. E o son da música a xente ergueuse da mesa a botar unha baila, en parella, un solto e ata un tren humán.

   


Sen dúbida tod@s disfrutamos do encontro, respirábase ledicia!! os 25 anos foron celebrados como se merecen!!
Aínda nos seguen chegando os ecos da festa e todos coinciden en que foi realmente memorable. E para seguila disfrutando aí tedes toda unha galería de imaxes...

Grazas por vir a compartir este momento con nós.


 
 
 


Continúa a coñecelo programa de actividades de participación aberta do noso 25 aniversario nos seguintes links:

 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal