dia saude mental info - Fonte da Virxe

dia saude mental info - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

dia saude mental info

Actualidade


O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que cumpre 25 anos e conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS). A saúde mental no lugar de traballo foi o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración, considerando que se trata dun asunto de interese para os axentes sociais, as institucións e a sociedade en xeral.

A este propósito, entre o 2 e o 18 de outubro, numerosas asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia sairán á rúa para chamar a atención sobre esta realidade e trasladar aos poderes políticos, axentes sociais, medios de comunicación, empresas, profesionais de diversos ámbitos e á cidadanía en xeral, as reivindicacións e necesidades do colectivo.




Farano a través da acción de sensibilización “O que teño na mente” organizada por FEAFES Galicia, que ten como obxectivo fomentar a participación da cidadanía na reflexión sobre os problemas de saúde mental e axudar a previr os riscos de ter desordes desta índole no ámbito laboral. Para iso, as distintas asociacións sairán á rúa cun gran mural e animarán a todas as persoas que se acheguen a plasmar as súas propostas sobre como se pode fomentar a saúde mental no entorno laboral.

No caso de Fonte da Virxe, estas accións desenvolveranse en diversos puntos da cidade compostelá entre os días 3 e 10 de outubro de 16:30 a 18:30. Concretamente, os días 3 e 4, o mural “O que teño na mente” estará na Praza do toural; o 5 e 6 atoparase na Praza de Cervantes; e o 9  praza 8 de marzo ,e 10 presentación do vídeo Pinta&Punto e montaxe artístico na casa da xuventude ( praza do matadoiro)  de 10:30 a 13:00H y mural físico na mesma praza pola tarde.
Acompañando ao mural, Fonte da Virxe montará unha mesa informativa onde a xente poderá coñecer máis sobre saúde mental e sobre o traballo que realiza a asociación.

Estas actividades presenciais completaranse cunha serie de accións na rede, como un mural dixital no que calquera persoa usuaria de Internet poderá facer as súas achegas sobre a saúde mental no lugar de traballo.
Pola súa parte, a difusión en redes sociais farase a través do hagstag #oqueteñonamente, animando aos internautas a escribir as súas reflexións nun postit e facerse unha fotografía con el pegado na fronte.


Regreso al contenido | Regreso al menu principal