Cookies

Coiro

Coiro
Coiro

Este obradoiro é un espazo no que aprender a traballar este material, mellorando así as habilidades nas relacións e a comunicación.

Trabállanse as habilidades manuais, a mellora da psicomotricidade,a destreza motora fina, a percepción espacial e a creatividade.

No obradoiro realízanse diferentes pezas de coiro, avanzando, paso a paso e dependendo dos niveispersoais, por todos os procesos da súa elaboración.

Cada persoa escolle un patrón e realiza unhapequena peza, entre as que se fan carteiras, fundas de móbil, moedeiros, tarxeteiros, chaveiros e colgantes.

Ao ser unha actividade en grupo invita a relacionarse e potencia a colaboración.