Música
Música
"O entrenamento musical é un instrumento máis potente que calquera outro, xa que, o ritmo e a harmonía encontran seu camiño no máis profundo da alma" ( Platón )
O Taller de música utiliza esta arte para abordar tódalas facetas da persoa, xa que ten unha importante conexión coas sensacións e as emocións. É unha canle para a estimulación cognitiva e as habilidades sociais en dinámica de grupo. Favorece así a rehabilitacion pisocosocial e o benestar persoal e grupal.
Programamos dinámicas integrais en espazos de emotividade e desconexión, utilizando a música dende a parte máis activa, con movementos e coordinación psicomotriz, ata a parte da escoita, a creatividade e o fomento da improvisación. As sesións son moi variadas e adáptanse á esfera persoal, relacionando a música coas vivenzas individuais e grupais dos participantes.