Cookies

Cociña

Cociña
Cociña

Cociñar é unha das tarefas máis básicas da nosa vida diaria; é imprescindible dominala para non caer en estilos de vida sedentarios e malos hábitos alimenticios. A participación nesta actividade ten como fin potenciar o funcionamento independente e autónomo e favorecer a recuperación, mellora ou adquisición de destrezas e habilidades para a realización das rutinas de coidado persoal e do fogar.

Neste obradoiro planifícase o que se vai cociñar, comezando por facer un repaso dos ingredientes necesarios para o prato que imos elaborar, a lista da compra e a realización da mesma. Apréndense diferentes receitas e realízase a limpeza do espazo de traballo nun ambiente de participación e colaboración.