Acompañamento Comunitario
Acompañamento Comunitario
O Servizo de acompañamento integral e atención domiciliaria no rural está especialmente pensado para apoiar ás persoas e familias con problemas de saúde mental no seu contexto vital máis inmediato. Está dirixido a persoas con dificultades en areas básicas da vida diaria ou de integración social e participación na comunidade./p>/p>
Actuamos no entorno de Compostela, desde Teo, Ames ou Negreira ata Arzúa e Melide, en colaboración cos equipos sociosanitarios de cada zona. As intervencións céntranse na persoa e no seu entorno. En cada caso tentamos implicar ao tecido comunitario buscando os apoios que faciliten a promoción da autonomía persoal das persoas afectadas para que recuperen unha boa calidade de vida.