Cookies

Apoio Psicoemocional

Apoio psicoemocional

Servizo de apoio mutuo entre familias que demandan coñecer aspectos sobre o diagnóstico de trastorno mental, para mellorar a calidade de vida da persoa usuaria e delas mesmas. Este grupo pretende ser un espazo seguro de intercambio entre as familias, onde compartir a súas inquedanzas, cargas emocionais, e tamén estratexias de afrontamento que foron adquirindo no curso da enfermidade.

As persoas séntense acompañadas e comprendidas, durante os diferentes procesos polos que teñen que pasar reducindo así os niveis de ansiedade e angustia.

Os encontros entre familias realízanse unha vez ó mes, o grupo conta con dúas técnicas, facilitadoras no intercambio de experiencias, e que tamén poden ser de axuda e apoio na mediación entre a familia e a persoa usuaria.