Fonte da Virxe

Title
Vaya al Contenido
Compromiso
pretendemos cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo.
Integración
organizamos actividades de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural...
Experiencia
fundada coa  finalidade de promover a recuperación das persoas con enfermidade mental.
A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais, foi creada en xullo de 1994, coa  finalidade de promover a recuperación dos enfermos mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos.
A Asociación pretende, por unha banda, cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo, promovendo e potenciando iniciativas que favorezan a súa integración laboral e social.
Organizando actividades e creando servizos de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural, residencial, de lecer e de tempo libre, etc.
E por outro, tentar cambiar actitudes erróneas informando sobre a realidade desta enfermidade que, como calquera outra de tipo orgánico, necesita: unha oportuna detección, prevención, un tratamento, unha medicación e de ser o caso, hospitalización e rehabilitación.

Centro de rehabilitación
Como obxectivos xerais pretendemos potenciar o funcionamento independente e autónomo, o poder de decisión, a adquisición de destrezas e habilidades, promover actitudes positivas nas súas relacións interpersoais. Mellorar a adaptación social e profesional e ter unha aprendizaxe e preparación para o traballo.
Centro ocupacional
Os centros ocupacionais teñen como finalidade asegurar os servizos de terapia ocupacional e de axuste persoal e social, é dicir, preparar á persoa con discapacidade a enfrontarse coas esixencias da vida cotiá e o traballo.
Transparencia
En cumprimento coa ley establecida, Fonte da Virxe pon a súa disposición toda a documentación necesaria para cumprir coa Ley de Transparencia vixente.
Regreso al contenido