Información e Asesoramento
Información e Asesoramento
É o servizo de referencia e a porta de entrada no tecido asociativo para persoas con trastorno de saúde mental, as súas familias e a comunidade. Ofrece información tanto sobre o funcionamento e estructura da Asociación coma da conexión e coordinación con outros servizos sociosanitarios comunitarios, en especial para a xestión de programas e prestacións do sistema galego de servizos sociais.
Facilita a acollida na entidade ofrecendo a posibilidade de coñecer as diferentes dinámicas que temos programadas na Asociación. É un servizo en rede cunha atención integral en tódolos aspectos que as/os usuarias/os demandan na defensa dos seus intereses e dereitos, potenciando a súa participación e inclusión social na comunidade.