Cookies

Modelo e principios de atención

Os servizos e programas que Fonte da Virxe, ofrece a familias e persoas que sofren enfermidade mental:



Psicoeducativos

Buscan estimular a comprensión do usuario sobre a súa situación, axudándolle a ter un estilo de vida o máis san e normal posible , acorde coas características da súa problemática e dos coidados que require.

Autocuidado e Saúde

Preténdese que o usuario adquira unhas habilidades necesarias para conseguir un maior grao de autonomía e independencia.

Administración da medicación e Control de Recaídas

O obxectivo principal é que coñezan ao máximo posible a súa enfermidade para poder asumila e desta maneira sexan capaces de controlala.

Competencia persoal e autocontrol

O obxectivo é dotarlles dunha serie de instrumentos que lle permitan enfrontarse aos problemas e solucionalos dunha forma eficaz . (control da ansiedade, control cognitivo).



Fomento das actividades da vida diaria

O obxectivo é aumentar, recuperar a autonomía e independencia persoal , desenvolvendo unhas capacidades e adquirindo unhas competencias básicas.

Información, orientación e asesoramento

Este é un servizo que está dispoñible para calquera, xa sexa desde a atención persoal ou por teléfono.

Autoestima

O seu obxectivo é a recuperación mantemento ou aumento da autoestima e dun autoconcepto positivo.

Grupo de auto-axuda familiar ou escola de familias

Reúnense unha vez ao mes e comparten as súas experiencias. Xerando un maior entendemento da enfermidade e mellora da convivencia.



Os seus obxectivos son

Afrontar a enfermidade.

Compartir as dúbidas e as posibles solucións.

Coñecer as ferramentas teóricas e prácticas para a comprensión do tratamento e da prevención.

Coñecer o funcionamento do sistema de saúde mental.

Formación do voluntariado

Trátase de formar ás persoas que colaboran connosco.



Acompañamento integral e atención domiciliaria no rural

Trátase dun servizo centrado na persoa e no seu entorno. Dirixido a persoas con dificultades en areas básicas da vida diaria, integración social e participación na comunidade; facilitando os apoios necesarios para a recuperación e promoción da autonomía persoal que favorezan unha boa calidade de vida.

Respiro familiar

Este servizo está dirixido a proporcionar momentos de descanso, ocio, tempo libre... co fin de aliviar a carga, reducir a ansiedade e manter boas relacións familiares.

Piso tutelado ou piso protexido

Fonte da Virxe habilitou un piso para catro pacientes, no que pretendemos a recuperación das súas habilidades sociais, a promoción da súa autonomía e as relacións persoais. Trátase de rehabilitar e reinsertar na comunidade dunha forma o máis uniforme posible.

      Imprimir