Cookies

Piso Protexido

Piso Protexido
Piso protexido

Este servizo trátase dunha unidade de apoio comunitario que acolle a doentes con autonomía de conducta pero sen posibilidades de convivencia familiar, e que requiren axuda psicosocial para o seu desenvolvemento e integración social na comunidade.

Contamos con catro prazas para mulleres, a estadía destas persoas tende a ser por un tempo indefinido, pasando a ser o seu domicilio habitual.

Valorase a importancia dun traballo individualizado e centrado na persoa, este servizo pretende mellorar as diferentes esferas da vida dunha persoa que ten unha enfermidade mental, entre elas habilidades sociais que permitan unha maior integración na sociedade, adestramento en actividades da vida diaria que posibiliten unha maior autonomía funcional, psicoeducación acerca da súa enfermidade e o tratamento da mesma.

Tendo en conta os principios de igualdade, normalización, rehabilitación, inclusión e participación da persoa na comunidade.