Presentación - Fonte da Virxe

Presentación - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Presentación

Quen somos > Centro Ocupacional
 


  
Os centros ocupacionais teñen como finalidade asegurar os servizos de terapia ocupacional e de axuste persoal e social, é dicir, preparar á persoa con discapacidade a enfrontarse coas esixencias da vida cotiá e o traballo.

Para os usuarios que teñan maiores posibilidades, será o medio que lles capacite para alcanzar a integración laboral e a realización persoal e social; e para os usuarios máis afectados será un lugar estable e permanente que lles facilite o desenvolvemento persoal e a integración social. Os centros ocupacionais convértense así nun espazo de atención ás persoas con discapacidade onde poden desenvolver actividades ocupacionais pero, á vez, nunha antesala para aqueles que poidan acceder ao mercado laboral ordinario.

 



Enténdese por actividade ocupacional o conxunto de actividades, tarefas ou labores que son realizadas sempre por persoas con discapacidade, de acordo ás súas condicións individuais, baixo a orientación de profesionais do centro e que, sen participar propiamente da dinámica do mercado económico, están encamiñadas á obtención de obxectos, produtos ou servizos.

Os centros ocupacionais están dirixidos a persoas con discapacidade, maiores de 16 anos que desexen traballar nunha contorna protexida co fin de conseguir, para aqueles que adquiran un perfil de empleabilidade adecuado, a inserción laboral adecuada.

  A tipoloxía de usuarios dun centro ocupacional é moi variada, o que dificulta establecer un perfil concreto. A pesar diso, é posible establecer a seguinte tipificación:

Estar en idade laboral, despois de esgotar os períodos educativos, incluída a formación profesional adaptada ou calquera outra modalidade educativa regrada.

Ter recoñecido o grao de
discapacidade.

Persoas con enfermidade mental que non dispoñan, nese momento, dun perfil de empleabilidad
e adecuado como para acceder a un posto de traballo ordinario.


Regreso al contenido | Regreso al menu principal